Revolta no Courel
SOS Courel. Paremos a desfeita. O vindeiro 11 de Agosto en Froxán vaise celebrar unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras.
Por iso facemos un chamamento para participar na campaña de defensa da serra cando máis o precisa. Queremos convidar a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas, na que diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación na que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Trátase tamén de crear un nó de atención cultural fóra dos circuítos habituais, modificar o mapa de festivais, optar por un traballo de colaboración entre veciños e axentes culturais. Pois xa que o poder político, baixo calquera das súas aparencias, non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e cidadás nos compre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia.
Programa provisional:
Venres 10 agosto 2012
22,00h. Proxección do documental "Nacional VI" de Pela del Álamo + jam session
Sábado 11 agosto 2012
11,00h. Alborada, a cargo de Mónica de Nut
11,30h. Roteiro Natural pola contorna de Froxán, con intervencións artísticas.
14,00h. Sesión Vermú: Os da Ría + convidados.
17,30h. Alén da Onda, radio en directo.
18,30h. a 20,30h. Artes vivas para todos os públicos: Pablo Trasno (malabares), El Retrete de Dorian Gray (teatro de obxectos).
19,00h. Faladoiro sobre parques naturais e desenvolvemento rural.
22,00h. Ultranoite SOS Courel, con participación de Chévere, Os Sancaetanos, Os da Ría, Carlos Santiago, Mónica García, Expo e a Ultrabanda (Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez).
Todo o día. O bosque obsérvate, exposición de fotografías de Gabriel Tizón.
Na mesma aldea de Froxán habilitarase unha zona de acampada para toda a xente que queira facer noite. Tamén haberá postos de comida durante o día. Todas as actividades son de balde. A organización e financiamento desta festa corre a cargo dos veciños e veciñas de Froxán, da Asociación Cultural Fonte do Milagro de Froxán e dos propios artistas participantes, sen subvencións públicas. A colaboración das persoas asistentes será fundamental para viabilizar este tipo de proxectos.

http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/0f8cd4a0535c/
No hay comentarios:
Publicar un comentario