sábado, 30 de abril de 2011

De novo os Maios en Vilafranca

PROGRAMA 2011

30 de abril:

As 5 da tarde , no Campairo, preparación dos adornos da Rúa da Auga. (A organización pon o material).

As 10 da noite , Ronda Poético musical teatreira dedicada a Antonio Fernández y Morales aos 150 anos da publicación dos “ENSAYOS POÉTICOS EN DIALECTO BERCIANO”, coa dramatización dos seus poemas. Participan: alumn@s do IES Padre Sarmiento de Vilafranca, o Grupo de Teatro Local de Adultos, máis a inestimable colaboración doutros artistas espontáneos.

Rematará cunha Jam Sessión na que, entre outros, participarán: Borderline 79 e Trío-rión And Papulias.

1 de Maio:

Saída cedo a cortar as cañaveiras para vestir en cada barrio aos seus Maios para logo percorrer as rúas rematando na praza Maior cara as 2 da tarde. Despois terá lugar un xantar no Campairo para tod@s @s participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario