lunes, 28 de junio de 2010

A Morteira se une a la propuesta de nombrar a Antonio F.Morales escritor del "Días das Letras Galegas"

A Asociación ecoloxista “A Morteira” que leva con orgullo o nome con que tradicionalmente nas terras do Bierzo se lle dá a un lugar fértil onde, de xeito natural e espontáneo, medran exemplares de diversas especies, preocupados pola saúde da nosa Terra desde o noso nacemento temos moi presente toda a cultura popular que durante séculos foi sensible co seu entorno máis que os tempos presentes ao procurar vivir en harmonía e ao ritmo que a propia natureza marca. Atentos pois ás tradiciois dos habitantes do rural e os seus costumes, mesmo ao seu xeito de nomear ás cousas, levamos anos tentando integrar os seus saberes coas nosas prácticas, exposiciois e actividades como, por exemplo, a denominada “Escola do Bosque” en Pereda de Ancares ou as Xornadas “un futuro para o castañeiro”.

Esta preocupación lévanos a facernos eco dunha campaña que propón a Antonio Fernández Morales como escritor a homenaxear con motivo do Día das Letras Galegas no 2011. Motivo polo que nos diriximos a institución que vostede preside, a REAL ACADEMIA GALEGA, para que teña a ben considerar a presente solicitude de nomear ao autor dos “Ensayos poéticos en dialecto berciano” como escritor ao que se lle dediquen as Letras Galegas do próximo ano coincidindo co 150 aniversario da súa publicación.

Para nós é especialmente interesante a súa obra porque son muitos os nomes de plantas e animais que aparecen entre os seus miles de versos en poemas que cantan á paisaxe do Bierzo como poucos poetas o fixeron. Este libro é un expoñente claro do que era o Bierzo Natural cando os nosos ríos eran ríos de augas limpas e de cristal e non só estaban cheos de truitas. Eran ríos que levaban as augas en cachois que baixaban cara o Sil desde os cavorcos dos nosos montes, aínda abundantes en ósos que habitaba nas morteiras máis altas, e unha vez no val, e no Sil pasáballas ao Miño quen as levaba ao mar de Galicia, o mar desde o que ían e volvían cada ano anguías ou salmois que hoxe deixaron de ser parte da nosa riqueza fluvial.

Este libro é tamén para os bercianos un símbolo da esencia da nosa cultura, das tradiciois e da nosa fala no século XIX. Cremos que nos permite saber da nosa identidade cultural, da lingua dos nosos maiores e, por ese motivo, consideramos moi apropiado que se recoñeza por parte de Galicia con esta celebración do Día das Letras o aporte que o Bierzo fixo e fai a este idioma que hoxe esta presente nos centros de ensino e que precisa aínda de apoios como este para que poida seguir vivo entre nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario