jueves, 21 de octubre de 2010

Roteiro e magosto o sábado, día 30 de outubro no Courel

A plataforma Galiza non se vende e a Asociación SOS Courel, convídanvos a un roteiro e un magosto que terán lugar o sábado, 30 de outubro, no Courel.


PROGRAMA.-
Ata as 11:00 concentración dos participantes do roteiro no desvío de Ferreirós de Arriba, na estrada principal do Courel, a LU -651, entre os quilómetros 27 e 28. Este punto está a un quilómetro de Ferreirós de Abaixo (Bar Pontón). Pódese aparcar abundantemente no campo de fútbol que está a 200 metros do desvío.
- O roteiro, comeza as 11:00, ten un percorrido circular de 10 quilómetros, cunha dificultade media baixa, salvo o quilómetro de subida o corno do Pico do Côto que ten algo de pendente, pero teremos moito tempo para chegar por un amplo camiño, mentres os/as heroes/ oinas esperan abraiados, no cumio, ollando dende o medio e medio do courel. Logo, paseniño, polo Muimento, iremos baixando cara Ferreirós de Arriba, e despois Ferreirós de Abaixo.
- Será a primeira vez que unha camiñada de lecer chega a esta marabillosa e sorprendente atalaia. Entre o Piapaxaro, Ferreirós, Folgoso e Sobredo
- Na seguinte foto podemos ver o corno do Pico do Côto, o desvío de Ferreirós(na escombreira) e o Campo de fútbol. Non teñades mágoa, hoxe xa volve estar verde e fermoso!http://4.bp.blogspot.com/_4t8-0jO0krU/Skoz6sGtBSI/AAAAAAAAANM/1Vu29PUt7T0/s1600-h/DSC03617.JPG -

Ás 16:30, En Ferreirós de abaixo, preto do bar O Pontón, empezarase a facer o lume e asar as castañas, mentres os colectivos celebran a asemblea de Galiza non se vende.
- Acordádevos de traer gaitas, tambores, pandeiros,…..
- Traede auga e bocadiño para o xantar, na mochila
- Tamén podedes meter unhas luvas na mochila por si se nos ocorre algún traballo divertido.
- Para xente que se quede toda a fin de semana prepararemos máis rutas e visitas.

para apuntarse o cualquier duda: soscourel@mundo-r.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario