martes, 18 de mayo de 2010

ADEGA reclama a caducidade dunha concesión hidroeléctrica de hai 88 anos no río Eo

Fuente: Adega
ADEGA vai apresentar alegacións ao proxecto e Estudo de Impacto Ambiental da solicitude de rehabilitación do dereito de concesión, autorización e declaración de utilidade pública dun aproveitamento hidroeléctrico no río Eo, cuxa concesión data do ano 1922!. A antigüidade da concesión, a falta de xustificación na actualidade, a protección ambiental da zona (Reserva da Biosfera e LIC) e as consecuencias sociais da minicentral, son motivos máis que suficientes para que a declaración de impacto ambiental sexa resolta negativa e, ao tempo, dispóñase a caducidade definitiva da concesión. ADEGA convoca unha charla informativa sobre os potenciais impactos da minicentral e as medidas a tomar este sábado 15 de maio, ás 5 da tarde na escola vella do Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín)
leer más en Adega

No hay comentarios:

Publicar un comentario